Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.
Domicilio social: Parque, 15, 36000 Silleda.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Penadauga-Escuadro.
Situación: concello de Silleda.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor LA-30, de 25 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Graba-Escuadro ata o C.T. que se proxecta, de 100 kVA, R.T. 20 kV-220/380 V, en Penadauga, parroquia de Escuadro, no concello de Silleda. R.B.T. aérea de 80 m de lonxitude con conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran
nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 12 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra