Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/531-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T., C.T. Liñares.

Situación: concello da Lama.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor LA-56 de 272 m de lonxitude, con orixe no apoio 14 da L.M.T. Xende-Xesta e remate no C.T. que se proxecta, de 100 kVA, R.T. 20 kV/400 V, situado en Liñares, no concello da Lama.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra