Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/515-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Arnego.

Domicilio social: Orillamar, 88-90, portal 3, entresollado B, 15001 A Coruña.

Denominación: L.M.T. interconex. L.M.T. Portodemouros-liñas H. do Arnego.

Situación: concello de Agolada.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 515 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a liña propiedade de Unión Fenosa Portodemouros-Couso, no punto de manobra 36HD34 coa rede de M.T. propiedade de Hidroeléctrica del Arnego, no concello de Agolada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 29 de agosto de 2003.

P.A. (Resolución do conselleiro 22-7-2002)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra