Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de setembro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se fai público o extravío do xustificante de depósito número 200/2003, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante de depósito nº 200/2003 constituído o día 13 de marzo de 2003, en Vigo, por medio de metálico, polo importe de 1.243,07 euros, e que garante a Manuel de la Fuente Rial.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na rúa de Concepción Arenal, nº 8-3º.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

Vigo, 29 de setembro de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA