Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se convoca a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan.

Por esta resolución convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto no Decreto 244/1998, do 24 de xullo, da Consellería de Medio Ambiente e na orde da Consellería de Medio Ambiente do 8 de setembro de 1998 (DOG do 16 de setembro).

A poxa terá lugar no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, avda. da Habana, nº 79, baixo, Ourense.

Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran nos expedientes correspondentes no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense, sito na rúa do Paseo, 18, 3º desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG desta resolución.

As ofertas poderanse presentar durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no DOG desta resolución, no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre A coa documentación administrativa e o sobre B coa oferta económica.

O sobre A, que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que se realizan ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación.

1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2. Os xustificantes acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, consonte os artigos 15 a 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

5. Os que acrediten encontrarse ó día do cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

No caso de que o licitador estea dado de alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, deberá indicar na parte exterior do sobre o seu número e incluír copia da inscrición da empresa no dito rexistro e os xustificantes acreditativos das fianzas provisionais.

O sobre B, recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva, agás os lotes nos que o motivo sexa rareo, nos que a fianza definitiva será do 10% do prezo de adxudicación.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio.

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares do aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, a porcentaxe que corresponda, segundo o réxime especial ou xeral que aplique a propiedade do monte, en concepto de IVE.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Aproveitamentos a risco e ventura

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxaciónTaxasFianza

exp.MontePertenzaConcelloNº de elencoMotivoSitºEspecieNº pésmA/mprovisional

33030Castrelo de AbaixoCastrelo de AbaixoO Riós3215576QuendaEPPr3.6681.6301930.970445,75619,40

33034Portela de FragaPedrosoO Riós3215511QuendaEPPp2.94392716,5015.295,50286,78305,91

33035Salto do CabaloProgoO Riós32155112QuendaEPPp2.7481.3402026.800397,39536

33036NavalloNavallo e MenteO Riós32155160QuendaEPPp

Pr

4.610

676

1.188

295

16,50

19

25.207393,87504,14

33037ChaguazosoChaguazosoA Mezquita32155175QuendaEPPp

Pr

2.677

814

905

470

16,50

21,50

25.037,50386,23500,75

33052Cairo e RibeiraO BouzoBaltar32155152QuendaEPPp1.2335002412.000236,90240

33053Ribeira e Lama do CorgoGarabelosBaltar32155123QuendaEPPp1.05561628,5017.556285,41351,12

33056FarlanzaParada e TaboazasLobeira32155101QuendaEPPp1.8518362621.736329,72434,72

33057Veloso, Coroa e BragadasParada do MonteLobeira32155100QuendaEPPp337158243.792152,7275,84

33059Lavagudo e Abelleira L-1PradoMuíños32155113QuendaEPPp7223892610.114216,22202,28

33060Lavagudo e Abelleira L-2PradoMuíños32155113QuendaEPPp1.9011.0042626.104372,38522,08

33061Lavagudo e Abelleira L-3PradoMuíños32155113QuendaEPPp204199305.970173,89119,40

33063Grande II L-2BandeBande3215547QuendaEPPp

Ps

1.021

402

321

314

21

29,50

16.004274,89320,08

33065Grande II L-4BandeBande3215547QuendaEPPp

Ps

785

506

701

395

30

29

32.485425,65649,70

33071Tras da CostaFeás, Antasportas, Besada e CostiñasBoborás3215527QuendaEPPp

Eu

4.058

58

1.481

54

2436.840484,12736,80

33113MedoFrancos, Froufe, A Lama e VideBaños de Molgas32155148QuendaEPPp3924804019.200289,73384

33114Comunal de CampobecerrosCampobecerrosCastrelo do Val32155188CortalumesEPPs8.3001.91216,6031.739,20468,13634,78

33115Carraxo L-1Carraxo e O SantoLaza32155219QuendaEPPp

Pr

1.984

784

959

518

25

26,50

37.702487,23754,04

33116Carraxo L-2Carraxo e O SantoLaza32155219QuendaEPPp2.7471.66226,5044.043545,68880,86

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxaciónTaxasFianza

exp.MontePertenzaConcelloNº de elencoMotivoSitºEspecieNº pésmA/mprovisional

33117TouzaCarraxo e Sotuelo VerdeLaza3215583QuendaEPPp6.4201.9842447.616591,45952,32

33118Comunal de NocedoNocedo e RetortaLazaOR-2056QuendaEPPp9.8972.11615,8033.432,80492,85668,66

33119Ladeira de FolónEntrimoEntrimo3216001QuendaEPPp10556201.120120,2822,40

33122Castelo da PenaOsoño e BempostaVilardevósOR-2066QuendaEPPp

Pr

2.767

72

1.378

52

2535.750469,82715

33123Comunal de SoutocovoSoutocovoVilardevósOR-2064QuendaEPPp

Ps

2.311

1.999

877

397

21

18

25.563384,22511,26

33124Xieira e Veiga L-1TamaguelosVerín3215509QuendaEPPp1.9316472516.175276,88323,50

33125Xieira e Veiga L-2TamaguelosVerín3215509QuendaEPPp5.3901.9212548.025590,80960,50

33126Serra de Meda L-1VencesMonterrei32155177QuendaEPPp1.628461219.681217,21193,62

33127Serra de Meda L-2VencesMonterrei32155177QuendaEPPp7.2502.1632145.423585,55908,46

33129De SoutoSoutoLobeira3215598QuendaEPPp1.8737543022.620331,52452,40

Aproveitamentos a resultas de liquidación final

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxaciónTaxasFianza

exp.MontePertenzaConcelloNº de elencoMotivoSitºEspecieSup. (ha)tmA/tmprovisional

33078Cobo e LomboPradaA Veiga32155184RareoEPPs903.6006,2522.500498,28450

33079Carballa Blanca e CoutoLamalongaA Veiga32155156RareoEPPs1455.8006,2536.250731,01725

33085Motas e Viso L-2Lobeira e MontelongoLobeira3215575RareoEPPp4350113.850166,9477

33120Acevedo, Porriño, Conchada, Bidueiros e FealMoreiras e TrelleToén32155142RareoEPPp415.0001260.0008621.200

33121Lomba do CorgoBrandela, Cerdeira, Graña e FondodevilaA Xunqueira de Ambía3215528RareoEPPp141.7001830.600447,10612