Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de setembro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Bouzón Martínez, Enrique e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de setembro de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Bouzón Martínez, Enrique

DNI.: 05363562-P

R/ Tomás A. Alonso, 49-1º B

Vigo

Imposto de transmisións patrimonais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 2603/2002

Liq. 600011011349

Barnes, Peter Nicholas

DNI: M3601508F

Lg/ Piñeiro-Aldán, 22

Cangas

Imposto de transmisións patrimonais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 6853/2002

Liq. 600021052301

Rodríguez González, Mª Luisa

DNI.: 32313227-K

Lg/ San Mauro Mourente, 48

Pontevedra

Imposto de transmisións patrimonais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 8216/2002

Liq. 600011117696