Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.091

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 13 de outubro de 2003, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de finanzas, polo que se fai público o lugar, a data e a hora da realización do segundo exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto na base II.2.4. da Orde do 10 de decembro de 2002, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas (DOG nº 245, do 20 de decembro), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso no dito corpo, adoptado na sesión que tivo lugar na mencionada data, faise público o lugar, a data e a hora no que terá lugar o segundo exercicio da fase de oposición, e convócanse os aspirantes para o próximo día 31 de outubro, venres, ás 16.00 horas, na aula 3 da facultade de dereito de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada o comezo do exercicio, provistos de DNI ou documento fidedigno acre

ditativo da súa identidade. Para a resolución dos casos prácticos poderanse servir de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta. Tamén se poderán axudar de calculadora non programable.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2003.

Gonzalo Vázquez Rivas

Presidente do tribunal