Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.083

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Magnesitas de Rubián, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Magnesitas de Rubián, S.A. (código 2700362), da provincia de Lugo, asinado o día 27 de xuño de 2003, pola representación da mentada empresa e dos seus traballadores e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegacion provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de xullo de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Acta do convenio colectivo sindical de traballo

da empresa Magnesitas de Rubián, S.A.

Representantes da empresa:

Luis Conde Rodríguez.

Representantes dos traballadores:

José Luis Alvaredo González (CIG).

José Antonio Méndez Fernández (CIG).

José Antonio Vila Yáñez (UGT).

Na fábrica de Monte Casteo, Vila de Mouros (O Incio), Lugo, o día 27 de xuño de 2003, reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo de traballo da empresa Magnesitas de Rubián, S.A., arriba expresado co obxecto de deliberar sobre o convenio colectivo, o cal queda aprobado do seguinte xeito:

Convenio colectivo de traballo da empresa

Magnesitas de Rubián, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación a tódolos centros de traballo da empresa Magnesitas de Rubián, S.A., que ten na provincia de Lugo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal e funcional.

O presente convenio afectará a tódolos traballadores de Magnesitas de Rubián, S.A., que presten os seus servicios nos ditos centros de traballo, así como ós que ingresen durante a súa vixencia, a excepción dos técnicos titulados e persoas asimiladas a estes, integrados na primeira nómina e non incluídos no convenio.

Para todo o non previsto neste convenio, estarase suxeito á Regulamentación do traballo das minas de fosfato, xofre, potasa e talco e demais comprendidas na outra regulamentación, Estatuto do mineiro e Estatuto do traballador.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio estará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2003 para tódolos seus efectos.

Artigo 4º.-Duración e denuncia.

A duración deste convenio será de tres anos, contando desde o 1 de xaneiro de 2003.

Poderá ser denunciado por unha ou ambas partes, sempre que se faga cun mes de antelación á finalización da súa vixencia. En caso de non ser denunciado por ningunha das dúas partes, este convenio prorrogarase automaticamente por un ano máis, excepto na súa parte económica, que se incrementaría en aumento do IPC do ano anterior. A denuncia do convenio non significará modificación ningunha no articulado no texto, que se continuará aplicando ata a súa substitución polo novo que se negocie.

Artigo 5º.-Subida salarial e revisión.

A subida salarial será do IPC previsto para os anos 2003, 2004 e 2005.

A subida salarial farase de acordo co IPC previsto polo Goberno e o 31 de decembro, de cada ano, revisarase automaticamente de acordo co IPC publicado polo INE.

En caso de que o IPC publicado polo INE fose inferior ó IPC previsto, non se descontará a diferencia.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras do presente convenio establécense como mínimo dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas que as aquí comprendidas.

Artigo 7º.-Compromiso de emprego.

A sociedade comprométese durante a vixencia do convenio a mante-las persoas existentes no centro de traballo, no momento da sinatura deste convenio, a excepción das que voluntariamente se xubilen ou causen baixa. Ademais axustarase ás actas asinadas na delegación de traballo para o expediente de regulación de emprego, do 14 de xaneiro de 1994, os cales estarán vixentes durante a duración do convenio colectivo en todo o seu articulado.

Artigo 8º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 35 horas semanais, tanto en fábrica como no interior da mina. Co fin de determina-lo tempo de traballo efectivo, este contabilizarase con referencia á hora de entrada e saída da empresa, en función dos horarios existentes ou os que no futuro se puideran establecer. O tempo de toma de bocadillo será contabilizado como tempo de traballo efectivo, e terá unha duración de 15 minutos por xornada.

Horario:

a) Verán.

O horario de verán no período comprendido entre o 1 de maio e o 30 de setembro será de 7.00 a 14.00 horas.

b) Inverno.

O horario de inverno no período comprendido entre o 1 de outubro e o 30 de abril será de 8.00 a 15.00 horas.

Este horario afectará a: mantemento, ensacado, laboratorio e almacén.

A sección de trituración terá o horario de 8.00 a 15.00 e de 14.00 a 21.00 horas en función do horario eléctrico. Nunca poderá coincidi-lo horario de trituración con horas punta de tarifa eléctrica.

Artigo 9º.-Salario base.

Os valores dos novos salarios base que rexerán a partir do 1 de xaneiro de 2003, son os que figuran no anexo I deste convenio.

Artigo 10º.-Antigüidade.

a) Persoal en cadro de persoal o 1 de xaneiro de 2000.

Ós salarios indicados no anexo I do artigo anterior aplicaranse as seguintes porcentaxes:

Cunha antigüidade de máis de 2 anos: o 5%.

Cunha antigüidade de máis de 4 anos: o 10%.

Cunha antigüidade de máis de 9 anos: o 20%.

Cunha antigüidade de máis de 13 anos: o 25%.

Cunha antigüidade de máis de 16 anos: o 30%.

Cunha antigüidade de máis de 19 anos: o 40%.

Cunha antigüidade de máis de 24 anos: o 50%.

b) Persoal contratado a partir do 1 de xaneiro de 2000.

Aplicaranse en concepto de antigüidade as seguintes cantidades:

2 anos: 9,64 euros/mes.

5 anos: 19,29 euros/mes.

10 anos: 38,59 euros/mes.

15 anos: 48,23 euros/mes.

20 anos: 54,66 euros/mes.

25 anos: 64,31 euros/mes.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Prohíbese a realización de horas extraordinarias. No caso de realización de horas extraordinarias estructurais o seu valor será estipulado no anexo II.

Estas horas serán realizadas con preferencia polos traballadores que habitualmente ocupen este posto de traballo co límite máximo que marca a lei. A empresa comunicaralles ós delegados de persoal relación e motivos das realizadas en forma mensual.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse catro pagas extraordinarias denominadas verán, San Miguel, Nadal e beneficios; todas elas serán aboadas a razón de 30 días de acordo con: salario base, antigüidade e complemento convenio, facéndose efectivas os días 22 de xuño, 28 de setembro, 22 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

Todas estas gratificacións serán aboadas proporcionalmente ós días traballados, considerándose como tales para estes efectos as vacacións, licencias retribuídas e enfermidade ou accidente laboral cando deban ser retribuídas co 100%.

As pagas correspondentes a verán e Nadal serán aboadas proporcionalmente ó tempo traballado no primeiro semestre e no segundo respectivamente.

As pagas de San Miguel e beneficios calcularanse proporcionalmente ó tempo traballado no ano, é dicir:

San Miguel: tempo traballado desde:

a) No ano 2003: 28 de setembro de 2002 ó 28 de setembro de 2003.

b) No ano 2004: 28 de setembro de 2003 ó 28 de setembro de 2004.

c) No ano 2005: 28 de setembro de 2004 ó 28 de setembro de 2005.

Beneficios: tempo traballado desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano anterior.

A paga de beneficios calcularase de acordo cos salarios do convenio vixente, no momento de efectua-lo pagamento.

Artigo 13º.-Complemento de distancia.

Establécese un complemento de distancia de 0,145 euros/km, contando desde o primeiro quilómetro tanto dos de ida como dos de volta, cun máximo de 90 km en total.

Artigo 14º.-Complemento de convenio.

No ano 2003, aboaranse 26 días/mes, no 2004 29 días/mes e no ano 2005 30 días/mes na contía que se especifica no anexo III.

Artigo 15º.-Complemento de toxicidade.

Percibirase un complemento de 3,21 euros por día traballado ou fracción de máis de medio día.

Artigo 16º.-Complemento de quenda rotativa e nocturnidade.

Aqueles traballadores que realicen as súas funcións a tres quendas percibirán mensualmente e por

este concepto, vixilantes, oficiais 1ª, 2ª, 3ª e peóns, 189,51 euros.

Artigo 17º.-Complemento de nocturnidade.

Para aqueles obreiros que non estean sometidos ó réxime de quendas e realicen traballos esporadicamente de noite, o valor da hora de traballo será o resultado de incrementar nun 25% o prezo da hora extraordinaria establecido no anexo II.

Os cambios de xornais que leven consigo o traballo en horas nocturnas incrementaranse nun 25%. Todos aqueles que realicen traballos nas noites de Noiteboa, fin de ano e reis percibirán unha prima de noite de 79,07 euros.

Artigo 18º.-Prima de productividade.

a) Óxido de magnesio.

A percepción desta prima corresponderá unicamente ó persoal deste centro de traballo e o seu aboamento será proporcional ós días realmente traballados, considerándose como tales as vacacións laborables.

Aplicarase para produccións de 3.200 a 5.250 toneladas mensuais a seguinte fórmula:

P = 0,03382 Ton - 41,86.

Sendo Ton as toneladas producidas.

Para produccións superiores a 5.250 empregarase:

P = 0,06766 Ton - 221,40.

Garantirase unha prima mínima de 64,59 euros/mes.

Para o cálculo entenderase producción tanto o TBH como o TBH entulleira.

No suposto de que se venda TBH entulleira un mes no que non se alcance a producción mínima, entre óxido e TBH, as toneladas vendidas, de TBH entulleira sumaranse, para os efectos de cálculo da prima de producción, ó primeiro mes en que se alcanzara a producción mínima.

O control da producción realizarase por saídas de báscula.

b) Carbonato de magnesio.

Aboaranse 0,0175 euros por tonelada e productor no momento de saída de fábrica.

Artigo 19º.-Permisos e licencias retribuídas.

O persoal terá dereito a desfrutar, logo da solicitude, permiso nos seguintes casos:

Por matrimonio do empregado: 15 días.

Por matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día e ata 2 máis se é fóra da provincia.

Por parto de esposa: de 2 a 5 días.

Por cumprimento do deber inescusable de carácter público: o tempo indispensable.

Por falecemento do pai, cónxuxe e fillos: de 3 a 5 días.

Por facelemento de irmáns lexítimos ou políticos, avós ou netos: de 2 a 5 días.

Por falecemento de pais políticos: de 2 a 5 días.

Por enfermidade grave do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos, tíos e irmáns de 2 a 5 días.

Por cambio de domicilio: 2 días.

Estes permisos retribuídos aboaranse con soldo base, antigüidade, complemento convenio, prima producción e quenda rotativa.

Estes permisos solicitaranse con 48 horas de antelación.

Artigo 20º.-Servicio militar.

Os traballadores que se encontren no servicio militar recibirán unha gratificación da empresa de 363,80 euros distribuídas en dúas entregas de 181,9 euros ós 5 e 10 meses de estaren no servicio militar.

O persoal que obteña algún permiso e solicite prestar servicios na empresa mentres dure este poderá incorporarse ó seu posto de traballo ou a un similar, percibindo o salario que lle corresponda nos días de traballo.

O tempo de servicio militar computarase coa antigüidade.

Artigo 21º.-Póliza de seguro de morte e invalidez.

A empresa contratará un seguro colectivo de accidente, para todo o persoal, coas seguintes coberturas:

* Morte por causas naturais: 24.040,48 euros.

* Morte ou invalidez absoluta ou total por accidente: 30.050,60 euros.

Artigo 22º.-Axuda ó traballador con fillos subnormais.

A empresa completará as prestacións da Seguridade Social coa cantidade de 80,04 euros mensuais por cada fillo subnormal, sempre que os fillos dependan economicamente do traballador.

Artigo 23º.-Excedencias.

A empresa concederalles excedencia ós empregados que cunha antigüidade mínima de 1 ano a soliciten. O período de excedencia voluntaria non poderá ser inferior a seis meses nin superior a tres anos, non podendo o mesmo traballador pedir outra ata que transcorran outros dous anos, como mínimo, de finalizada a anterior.

Acabada a excedencia, o productor terá dereito a ocupar inmediatamente un posto igual ou similar ó que tiña sen rebaixarlle en ningún caso a categoría profesional e sen que perda a antigüidade do período anterior á excedencia.

Artigo 24º.-Viuvez.

A empresa completarálle-las prestacións á Seguridade Social ata un total de 400,17 euros mensuais ás viúvas/os ou fillos con dereito de orfandade de traballadores que non perciban ningunha outra pensión da Seguridade Social, estado, provincia ou municipio.

Artigo 25º.-Complemento de prestacións da Seguridade Social.

No caso de baixa, tanto de accidente como de enfermidade, a empresa completará as prestacións da Seguridade Social ata percibi-lo 100% do salario total excepto o complemento de distancia. A comisión formada por un dos representantes dos traballadores pertencentes ó comité de empresa, e outro da empresa, encargarase de controla-lo proceso de baixa e determinará se non corresponde aboarlle o 100% a aquel ó que fai referencia.

Artigo 26º.-Consulta médica e usos propios.

A empresa concederá os días necesarios no ano para consultas médicas, os cales serán aboados como un permiso retribuído. Estes permisos deberán xustificarse mediante certificado facultativo.

A empresa concederá, ademais, dous días ó ano para usos propios. Estes permisos serán retribuídos.

Estes permisos deberán solicitarse con 48 horas de antelación.

Artigo 27º.-Vacantes en postos de traballo.

Para cubrir vacantes que se produzan en postos de traballo ou para ocupar outros que se cren nun futuro, seguirase sempre baixo o criterio de contratación máis apto para cada posto de traballo e, en iguais condicións, a seguinte orde de preferencia:

1. Os orfos e fillos de traballadores da empresa.

2. Os traballadores cesados por finalización de contrato.

3. Os afectados pola marcha da fábrica e explotación mineira.

Artigo 28º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dun período anual de vacacións retribuídas de 32 días naturais ou 23 de traballo.

Entrará na retribución os seguintes conceptos:

-Salario base.

-Antigüidade.

-Complemento convenio.

-Prima productividade.

-Complemento quenda rotativa, exclusivamente para o persoal suxeito a réxime de quenda rotativa.

-Complemento dispoñibilidade.

A empresa ten o dereito a que todo o persoal desfrute, como mínimo, 19 días hábiles no mes de agosto. O resto dos días negociaranse entre o traballador e a empresa.

Artigo 19º.-Festividades.

Celebraranse as festividades de carácter nacional que figuran no calendario anual de festas laborables aprobadas pola Consellería de Traballo.

Igualmente, celebraranse as festas con carácter local nos días martes de Entroido e 29 de setembro,

así como a festividade de Santa Bárbara, o día 4 de decembro, patrona dos mineiros.

Os días 24 e 31 de decembro consideraranse media xornada na segunda quenda.

Durante a vixencia deste convenio, as festividades que coincidan en sábado, trasladaranse a un día laborable.

Artigo 30º.-Producción anual.

a) Na segunda quincena do mes de xaneiro, en caso de alcanzarse as produccións sinaladas e de forma gradual, aboaráselle a cada productor da súa masa salarial bruta do ano anterior as seguintes porcentaxes:

ToneladasPorcentaxe sobre

saídas fábricamasa salarial bruta

54.000 t0,70%

56.000 t0,80%

58.000 t0,90%

60.000 t1,00%

62.000 t1,10%

64.000 t1,20%

66.000 t1,30%

68.000 t1,40%

70.000 t1,50%

72.000 t1,60%

74.000 t1,70%

76.000 t1,80%

78.000 t1,90%

80.000 t2,00%

e así sucesivamente.

Para o cálculo das toneladas saídas de fábrica computarase a suma de:

* Toneladas de óxido saído de fábrica.

* Toneladas de TBH saído de fábrica.

* Toneladas de entulleira saída de fábrica.

* O 60% das toneladas de carbonato saídas de fábrica.

b) Adicionalmente, a partir do 1 de xaneiro de 2005, establécese que na segunda quincena do mes de xaneiro, en caso de acadárense as produccións sinaladas de xeito gradual, aboarase a cada productor da súa masa salarial bruta do ano anterior as seguintes porcentaxes:

ToneladasPorcentaxe sobre

saídas fábricamasa salarial bruta

55.000 t0,50 %

60.001 a 65.000 t0,75%

65.001 a 70.000 t1,00%

70.001 a 75.000 t1,25%

e así sucesivamente.

Para o cálculo das toneladas saídas de fábrica computaranse a suma de:

* Toneladas de óxido saído de fábrica (sen computar TBH nin hidróxido procedente de entulleira nin carbonato magnésico):

Artigo 31º.-Percepcións brutas.

No anexo IV reflíctense as percepcións brutas aproximadas anuais que percibirán as distintas categorías especificadas, cantidades que variarán debido a circunstancias persoais e primas variables.

Artigo 32º.-Sistema especial de xubilación.

Todo traballador, cumprida a idade de 64 anos, poderá solicitar voluntariamente a súa xubilación na empresa; neste caso, a empresa substituirá o traballador xubilado por un traballador desempregado ou perceptor do subsidio de emprego, contratado a través de calquera das modalidades establecidas pola lexislación laboral vixente en cada momento.

Os traballadores poderán solicita-la aplicación dos coeficientes reductores que a lei conceda para a súa xubilación.

Artigo 33º.-Seguridade e hixiene.

Aplicarase o disposto na normativa vixente, dándoselle cumprimento ó artigo 33 do Estatuto do mineiro, así como á Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 34º.-Roupa de traballo.

En todo o referente a este punto haberá que aterse ó disposto na Lei de prevención de riscos laborais. Entregaranse, no primeiro mes, dúas fundas para cada traballador, así como dous pares de botas de seguridade e roupa contra a chuvia nos casos precisos.

Artigo 35º.-Asembleas.

Os traballadores teñen dereito a reunirse en asemblea, que poderán ser convocadas polos delegados de persoal ou polo número de productores non inferior ó 33% do cadro de persoal.

A asemblea será presidida en todo caso polos delegados de persoal, que serán responsables do normal desenvolvemento desta, así como a presencia de persoas estrañas a ela, non considerándose persoa estraña a un asesor por cada sindicato con afiliados na empresa.

O lugar de reunión será o centro de traballo, se as condicións deste o permiten, logo da solicitude con antelación de 24 horas.

Artigo 36º.-Horas sindicais.

Tódolos delegados de persoal terán dereito a desfrutar de 16 horas retribuídas ó mes, para resolución de problemas laborales ou sindicais. O tempo poderá ser acumulado polo conxunto dos distintos delegados de persoal nun ou varios dos seus compoñentes sen supera-lo máximo total do ano.

As horas sindicais solicitaranse coa debida antelación.

Artigo 37º.-Cota sindical.

Logo da solicitude dos traballadores afiliados ás centrais sindicais, a empresa descontará a cota sindical na nómina solicitante.

Para que a empresa realice esta operación, o traballador interesado nesta forma de pagamento da súa cota sindical, solicitaralla por escrito á dirección, facendo constar na orde de desconto o sindicato ó que está afiliado e a conta bancaria onde a empresa deberá face-lo ingreso.

Artigo 38º.-Nóminas.

Especificarase na nómina o posto do traballador e categoría que cada productor desempeña regularmente.

Artigo 39º.-Viaxes en coche propio.

Non se poderá utiliza-lo coche propio para servicios da empresa.

En caso de que por causas imprescindibles (auxilio por accidente, etc.) tivesen que realizar un servicio no seu propio coche, pagaráselle-lo quilómetro a 0,23 euros. No caso de que no transcurso da viaxe o traballador sufrise un accidente, este, en todo caso, terá a consideración de accidente de traballo.

Artigo 40º.-Persoas con capacidade reducida.

Os traballadores con capacidade física diminuída serán destinados a postos de traballo menos penosos, de acordo coas súas circunstancias e coas posibilidades da empresa.

Ó quedar vacante un destes postos, como báscula, almacén, etc., este persoal terá sempre preferencia sobre o resto dos traballadores da sociedade.

Artigo 41º.-Fondos de garantía.

Durante os anos de vixencia deste convenio, crearase un fondo de garantía de 24.040,48 euros. A empresa facilitará préstamos, conforme os seguintes puntos:

a) Poderán acceder ó préstamo tódolos traballadores de Magnesitas de Rubián, S.A.

b) O reintegro das cantidades prestadas, cun máximo de 50% do salario bruto anual, farase en prazos mensuais, ata tres anos máximo, cun xuro Mibor a un ano no momento da concesión, descontándose da súa nóminal mensual.

Para a aprobación do préstamo, necesitarase o visto e prace dunha comisión integrada polos delegados de persoal con presencia dun representante da empresa.

Así mesmo, créase un fondo de 6.010 euros para préstamos de contía máxima de 475 euros, a devolver nun ano, sen xuros, e descontándoo da nómina mensual.

Artigo 42º.-Bonos de chamada.

Aboarase como bono de chamadas imprevistas ou de urxencia, a cantidade de 21,18 euros para compensa-la intempestividade da chamada e dificultade do traslado.

Artigo 43º.-Complemento de dispoñibilidade.

Aplicaráselle a cantidade de 189,23 euros mensuais ó persoal de mantemento en situación de garda localizada, para a atención de chamadas en caso de necesidades imprevistas ou de urxencia.

Artigo 44º.-Premio á constancia.

Todo o persoal que cumpra 10, 15, 20, 25, e, 30, 35 e 40 anos consecutivos de servicio á empresa terá unha paga equivalente ó salario mínimo interprofesional, que será aboada no momento de cumprirse o citado período de permanencia na empresa.

Artigo 45º.-Media axuda de custo.

Establécese o concepto de media axuda de custo, por importe de 9,09 euros, para aqueles traballadores que teñan que prolonga-la súa xornada laboral.

Artigo 46º.-Prima de absentismo reducido.

Na segunda quincena do mes de xaneiro aboaráselles ós traballadores ós que lles corresponda, unha prima de baixo absentismo, que se calculará en función dos días laborables perdidos o ano anterior, por calquera motivo excepto baixa por accidente laboral e consonte a seguinte táboa:

Días perdidos% sobre masa

ó ano salarial bruta

02,2 %

12,0 %

21,6 %

31,2 %

40,8 %

50,4 %

6 ou máis0

Artigo 47º.-Comisión mixta paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo seu cumprimento ou exercer funcións de arbitraxe sobre problemas ou cuestións suscitados por tales motivos, nomearase unha comisión paritaria formada polos delegados de persoal e outros tantos da dirección.

Despois de ser comprobado o texto indicado do convenio colectivo de Magnesitas de Rubián, S.A., polos compoñentes da comisión deliberadora, dáse por conforme e apróbase enviar copia desta acta, unha vez asinada, ós organismos competentes, dándose por rematada esta sesión ás 14 horas do día citado ó comezo.

ANEXO I

Salario base

1. Licenciados829,15 euros/mes.

2. Titulados grao medio704,63 euros/mes.

3. Xefes admón. e mestres obradoiro625,22 euros/mes.

4. Axdtes. non titulados/xefes equipo562,33 euros/mes.

5. Oficiais administrativos545,64 euros/mes.

6. Subalternos544,27 euros/mes.

7. Auxiliar administrativo510,93 euros/mes.

8. Oficial 1ª18,13 euros/día.

9. Oficial 2ª17,79 euros/día.

10. Oficial 3ª17,48 euros/día.

11. Peón16,98 euros/día.

ANEXO II

Horas extraordinarias estructurais

Axudantes non titulados13,06 euros.

Oficial 1ª12,84 euros.

Oficial 2ª12,62 euros.

Oficial 3ª12,38 euros.

Peón12,17 euros.

ANEXO III

Complemento convenio

1. Licenciados11,61 euros/día.

2. Títulos grao medio10,72 euros/día.

3. Xefes admón. e mestres obradoiro10,10 euros/día.

4. Axdtes. non titulados e xefes equipo9,59 euros/día.

5. Oficiais administrativos9,44 euros/día.

6. Subalternos9,19 euros/día.

7. Auxiliar administrativo9,14 euros/día.

8. Oficial 1ª9,19 euros/día.

9. Oficial 2ª9,02 euros/día.

10. Oficial 3ª8,82 euros/día.

11. Peón8,63 euros/día.

ANEXO IV

1. Licenciados32.406,68 euros.

2. Títulos grao medio27.779,08 euros.

3. Xefes admón. e mestre taller26.945,77 euros.

4. Axdtes. non titulados e xefes equipo20.394,51 euros.

5. Oficiais administrativos19.262,74 euros.

6. Subalternos16.550,48 euros.

7. Auxiliares administrativos16.458,57 euros.

8. Oficial 1ª16.730, 68 euros.

9. Oficial 2ª16.222,43 euros.

10. Oficial 3ª15.836,51 euros.

11. Peón13.827,04 euros.