Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2003, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do expediente C.P. 10/2003 de subministración sucesiva do material necesario para a realización dos parámetros da Área de Coagulación e Hematoloxía do Laboratorio de Análises Clínicas deste hospital e arrendamento do equipamento necesario.

1. Entidade adxudicadora: Hospital da Costa de Burela, r/ Rafael Vior, s/n, 27880 Burela (Lugo).

2. Obxecto do contrato: subministración sucesiva do material necesario para a realización dos parámetros da Área de Coagulación e Hematoloxía do Laboratorio de Análises Clínicas do Hospital da Costa de Burela e arrendamento do equipamento necesario.

3. Orzamento e prezo. Orzamento total: 224.000 A, desagregado nos exercicios orzamentarios:

SubministraciónArrendamento

Ano 2003 (2 meses)Importe: 18.333 A333 A

Ano 2004 (12 meses)Importe: 110.000 A2.000 A

Ano 2005 (10 meses)Importe: 91.667 A1.667 A

4. Prazo de execución: 24 meses desde a sinatura do contrato con posibilidade de prórroga.

5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa de Burela, teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, ou na páxina web do Sergas, durante o prazo de admisión de proposicións.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase por algúns de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

8. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Fianzas: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Clasificación: non se esixe.

11. Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa de Burela a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

12. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa de Burela ás 13.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquél no que finalice o prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

13. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Burela, 18 de setembro de 2003.

Pablo Mosquera Mata

Director xerente do Hospital da Costa de Burela