Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, de tramitación urxente, dun contrato de subministración de material informático para a Consellería de Innovación, Industria e Comercio. (Expediente 10/03 SX).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 10/03 SX.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: a subministración, instalación e configuración de material informático (80 ordenadores), destinados ós servicios centrais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de quince días a partir do día seguinte á data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 104.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación do contrato (2.080 euros).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3201

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económico-financeira de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do TRLCAP, mediante os seguintes medios: informe de institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Administración.

Así mesmo, a solvencia técnica acreditarase, de conformidade co artigo 18.a) e b) do TRLCAP, mediante unha relación das principais subministracións efectuadas durante os últimos tres anos indicando ó seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre os mesmos e descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano s/n, bloque 5 -4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días conforme os artigos 71.1º e 89º do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: 10.30 horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL