Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/535-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.D. Urzáiz, 20.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 110 m de lonxitude, con orixe na liña TRO 7.07, á altura do cruce das rúas Urzáiz e Magalláns, alimentando en bucle o centro de distribución proxectado, con tres celas SF6, situado na rúa Urzáiz 20 de Vigo, e remate no C.T. Banco Hispano á altura da rúa Urzáiz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 10 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra