Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Miguel Hernández Bernárdez.

No xulgado do contencioso-administrativo número un de Vigo tramítase o recurso número 42/2003 (procedemento abreviado) interposto por Miguel Hernández Bernárdez na súa condición de aspirante a vinculacións temporais de persoal estatutario nas institucións sanitarias do Sergas, no proceso selectivo convocado por Resolución do 28 de decembro de 2001 (DOG nº 13, do 18 de xaneiro).

O recorrente, aspirante da categoría de pinche, área sanitaria de Pontevedra Sur, pretende engadi-la puntuación polos méritos achegados no punto de formación continua (3,18 puntos), experiencia profesional (2,91) e desemprego (sen cuantificar), ós 8,63 puntos obtidos na lista de aspirantes do ano 2000, coa conseguinte rectificación dos 7,75 puntos e número de orde obtidos na lista definitiva publicada por resolución da Dirección Provincial de Pontevedra do 23 de setembro de 2002.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan persoarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos