Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de subministracións sucesivas de implantes ortoprotésicos (C.P. 22/2003).

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo do 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital Comarcal Valdeorras; r/ Conde Fenosa, nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

b) Número de expediente: 22/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de implantes ortoprotésicos para o Servicio de Traumatoloxía do Hospital Comarcal Valdeorras.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 8 de xullo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 203.555,27 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 12 de setembro de 2003.

b) Lotes, empresas e importes:

Lote nº 1: Gallega de Suministros, S.A. por un importe de 646,10 euros.

Lote nº 2: Sumcyl, S.L. por un importe de 10.307,36 euros.

Lote nº 3: Comercial Aomedic, S.A. por un importe de 15.898,62 euros.

Lote nº 4: Comercial Aomedic, S.A. por un importe de 33.620,66 euros.

Lote nº 5: deserto.

Lote nº 6: Sumcyl, S.L. por un importe de 46.911,15 euros.

Lote nº 7: Comercial Aomedic, S.A. por un importe de 9.689,28 euros.

Lote nº 8: Comercial Aomedic, S.A. por un importe de 7.467,42 euros.

Lote nº 9: DD&AA Medical, S.A. por un importe de 43.633,80 euros.

Lote nº 10: deserto.

O Barco de Valdeorras, 12 de setembro de 2003.

Dionisio López Bellido

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

do Barco de Valdeorras