Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.981

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de setembro de 2003 pola que se corrixe erro advertido na do 11 de agosto de 2003 pola que se convocaban probas selectivas para cubrir unha praza de técnico de grao medio de investigación do grupo II2, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertido erro na Resolución do 11 de agosto de 2003, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 177, do venres 12 de setembro de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

Na base 1 da convocatoria, Normas Xerais, punto 1.7, onde di: «ó convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996)», debe dicir: «ó convenio colectivo para persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 29 de abril de 2002)».