Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE TURÍSTICA DOS CONCELLOS DO CARBALLIÑO, RIBADAVIA, BOBORÁS E LEIRO

EDICTO.

No BOP de Ourense nº 233 do 9 de outubro de 2003, publícase edicto desta mancomunidade turística polo que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación das seguintes obras e subministración:

1. Consolidación das murallas do castelo dos Sarmiento na rúa Extramuros e acondicionamento do acceso pola fachada principal (Ribadavia).

Orzamento: 110.318,73 euros co IVE incluído.

2. Acondicionamento e rehabilitación de inmobles para turismo rural en Pazos de Arenteiro (inmoble nº 2) (Boborás).

Orzamento: 170.082,99 euros co IVE incluído.

3. Proxecto de execución de 4 bungalós no camping municipal (O Carballiño).

Orzamento: 118.283,72 euros co IVE incluído.

4. Recuperación do contorno de igrexa románica de San Tomé de Serantes (Leiro).

Orzamento: 42.627,54 euros co IVE incluído.

5. Rehabilitación da área etnográfica do contorno do regato do Foxo.

Orzamento: 35.644,29 euros co IVE incluído.

6. Red de sendas Terras do Avia, sendas de Ribadavia.

Orzamento: 62.979,49 euros co IVE incluído.

7. Subministración de equipamento do centro de interpretación do medio natural en Lamas.

Orzamento: 59.947,33 euros.

O prazo de presentación de proposicións é de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

O modelo de proposición, prego de cláusulas administrativas, proxectos técnicos e demais documentación está á disposición dos interesados nas oficinas da mancomunidade ou na copistería Oficode, rúa Xoán XXIII nº 3, 32003 Ourense. Teléfono: 988 37 06 90.

Leiro, 9 de outubro de 2003.

Francisco José Fernández Pérez

Presidente