Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUROL

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno do 5 de setembro de 2003 o Plan de sectorización do sector do solo apto para urbanizar industrial Z-6, e de conformidade co disposto no artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese á información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia, computándose o dito período desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que se poida examina-lo seu contido e presenta-las alegacións ou observacións que se cosideren convenientes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados e/ou propietarios descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada, esta non se poidera practicar, sirva o presente anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ourol, 17 de setembro de 2003.

Alejandra Cal Chao

Alcaldesa en funcións