Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do concurso convocado para a contratación do servicio consistente na elaboración dun sistema informático de xestión da formación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Escola Galega de Administración Pública.

b) Número de expediente: 2003/50/226.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición: elaboración, instalación e formación dos usuarios, dun sistema informático de xestión integral da formación que realiza a Escola Galega de Administración Pública.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación: Diario Oficial de Galicia número 145, do 29 de xullo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 85.000 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 16 de setembro de 2003.

b) Contratista: Altia Consultores, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 82.000 euros.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega

de Administración Pública