Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de Láncara (Lugo), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Láncara. (Clave 2003/0111).

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de Láncara (Lugo).

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental