Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 17 de setembro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, de solicitude de documentación, recaída no expediente de autorización 03/211, tramitado por solicitude formulada por Serafín Docio Freijomil, para a realización de obras de peche de predio, no lugar de Vilariño, O Hío, termo municipal de Cangas, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo solicitude de documentación que deberá achegar, recaída no expediente de autorización 03/211, tramitado neste servicio por solicitude formulada por Serafín Docio Freijomil para a realización de obras de peche, no lugar de Vilariño, O Hío, termo municipal de Cangas, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

O anteriormente indicado deberá levarse a cabo no prazo de dez días, de acordo co previsto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, significándolle que caso de non presentarse no prazo citado, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, se terá por desistido da súa solicitude, arquivándose sen máis trámite. Indicarlle que o transcurso do prazo máximo para resolver que

da suspendido polo tempo que medie entre a notificación do presente requirimento e o seu efectivo cumprimento.

Vigo, 17 de setembro de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 03/211.

Solicitante: Serafín Docio Freijomil.

Último enderezo coñecido: río Esteiro-Vilariño, O Hío-Cangas.

Obra solicitada: peche de predio.

Lugar: Vilariño, O Hío.

Concello: Cangas.

Solicitude de documentación: plano de localización, certificación urbanística, expedida polo concello, coa clasificación do solo, datas de aprobación do planeamento, estado de execución del e usos permitidos, información fotográfica e xustificante de ingreso da taxa correspondente.