Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/173).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., CC.TT. nº 1, 2, 3, Urbanización As Avesadas.

Situación: Ribeira.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 490 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. a C.T. nº 3 Urb. As Avesadas e final no C.T. nº 3 Urb. As Avesadas, unha vez que entre e saia dos CC.TT. nº 1 e nº 2.

Centro de transformación nº 1 Urb. As Avesadas, cunha potencia de 1.000 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV.

Centros de transformación nº 2 e nº 3, cunha potencia de 600 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV. Concello de Ribeira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta reso

lución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 12 de setembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña