Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.907

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE SARRIA

EDICTO (57/1999).

O Xulgado de Sarria fai saber que neste xulgado e nos autos 57/1999 de cognición consta sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Xuíza que a dicta: Myriam Feijoo Delgado.

Lugar: Sarria.

Data: oito de xullo de 2003.

Parte demandante: María de los Ángeles Gallego López.

Avogado: Sr. Álvarez Tejedor.

Procurador: Sr. Paillet Andrea.

Parte demandada: Antonio Fernández Ferreiro, Manuel Fernández Ferreiro e Antonio Fernández Fouce.

RESOLVO:

Estimando integramente a demanda presentada polo procurador Sr. Paillet Andrea, en nome e representación de Ángeles Gallego López, contra Antonio Fernández Ferreiro, Manuel Fernández Ferreiro e Antonio Fernández Fouce, debo:

1. Condenar e condeno solidariamente os demandados Antonio Fernández Ferreiro e os herdeiros de Manuel Fernández Ferreiro a lles pagar a María Ángeles Gallego López e á comunidade en beneficio da que se actúa, a suma de 566,75 euros, máis os xuros devengados desde a interpelación xudicial ata o seu efectivo pagamento e os xuros legais.

2. Condenar y condeno solidariamente os demandados Antonio Fernández Ferreiro e herdeiros de Antonio Fernández Fouce a lles pagar a María Ángeles Gallego López e á comunidade en beneficio da que se actúa, a suma de 691,16 euros, máis os xuros devengados desde a interpelación extraxudicial ata o seu efectivo pagamento e os xuros legais.

3. Condenar solidariamente os codemandados ó pagamento das custas deste procedemento».

E para que lles sirva de notificación en forma a Antonio Fernández Ferreiro e ós herdeiros de Manuel Fernández Ferreiro e ós herdeiros de Antonio Fernández Fouce, expido e asino este edicto en Sarria o 11 de xullo de 2003.

O secretario

Rubricado