Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.875

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 1 de outubro de 2003 pola que se modifican determinadas ordes de creación de ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde.

A Constitución española no seu artigo 18.4º dispón que a lei limitará o uso da informática para garanti-lo honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.

Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como toda modalidade de uso posterior deles polos sectores público e privado. Neste marco, é obxecto desta regulación a garantía e protección dos dereitos fundamentais

e liberdades públicas das persoas físicas, e especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar.

O artigo 20.1º da devandita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

As ordes do 2 de febreiro de 2001 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) e do 17 de decembro de 2002 (DOG nº 5, do 9 de xaneiro de 2003) crearon determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde, ó abeiro do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

A conveniencia de adapta-los ficheiros creados polas citadas ordes ás novas necesidades e ó cambio lexislativo operado na materia, xustifica a súa modificación, limitada ó cambio dalgunhas das características definidoras de determinados ficheiros existentes.

En consonancia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto a modificación das ordes do 2 de febreiro de 2001 e do 17 de decembro de 2002, polas que se crearon determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde. Os ficheiros que se modifican quedan redactados como figura no anexo da presente orde.

Artigo 2º.-Contido.

A información que esixe o artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para a modificación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros modificados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, modificados pola presente orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ó disposto na normativa vixente na materia.

Artigo 5º.-Órganos responsables da seguridade dos ficheiros.

Serán responsables dos ficheiros as persoas ou órganos que, en cada caso, figuran no anexo. Así mesmo, no citado anexo enuméranse as unidades ante as que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia dos datos lle corresponde ó empregado público que estea ó cargo do ficheiro correspondente.

Artigo 6º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros están especificadas no correspondente documento de seguridade en función do nivel en que estes se clasifican.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2003.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

1. Usuarios do sistema sanitario.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Coñece-la identidade das persoas protexidas pola Administración sanitaria galega e dos profesionais relacionados co catálogo de prestacións sanitarias, e a actividade e situación administrativa destes últimos.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Cidadáns residentes na Comunidade Autónoma ou desprazados que teñan algún contacto coa Administración sanitaria galega e traballadores de rede sanitaria galega.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

Transmisión electrónica de datos/Internet.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº SS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono, CIP, NIE, código de identificación no Sistema Nacional de Saúde e código do colexiado.

-Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data/lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade, lingua materna e datos de tarxeta sanitaria.

-Datos académicos e profesionais: formación/titulacións e pertenza a colexios ou a asociacións profesionais.

-Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo e historial do traballador.

-Datos de información comercial: actividades e negocios e outros (farmacia, código delegación e especialidades farmacéuticas dispensadas).

f) Cesións previstas.

-Consellería de Sanidade.

-Consellería da Presidencia (só o ficheiro do Servicio Galego de Saúde).

-Outros organismos sanitarios.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Servicio Galego de Saúde, Secretaría Xeral e centros hospitalarios dependentes do Servicio Galego de Saúde.

h) Servicios ou unidades novos ante os que poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

-A Coruña.

Dirección Provincial da Coruña.

-Lugo.

Dirección Provincial de Lugo.

-Ourense.

Dirección Provincial de Ourense.

-Pontevedra.

Dirección Provincial de Pontevedra.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

2. Historias clínicas.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Datos da historia clínica do paciente para o seguimento deste, xestión da actividade asistencial, xestión financeira, facturación, actividade docente, producción de estatísticas e investigación sanitaria.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que acceden ou poden ter acceso ó sistema sanitario.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Enquisas ou entrevistas.

Formularios ou cupóns.

Transmisión electrónica de datos/Internet.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos especialmente protexidos: relixión, saúde e vida sexual.

-Datos de carácter identificativo: identificación do pacente no ficheiro de usuarios do sistema sanitario.

-Datos de características persoais: datos de familia, data/lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas, sexo, idade, datos de conducta e antecedentes persoais e familiares psiquiátricos.

-Datos de circunstancias sociais: características de aloxamento/vivenda, afeccións e estilo de vida, situación familiar de convivencia e situacións de risco social.

-Datos académicos e profesionais: formación/titulacións.

-Datos de detalles de emprego: situación laboral, posto de traballo e sector de actividade.

-Datos económicos-financeiros e de seguros: ingreso, rendas e seguros.

f) Cesións previstas.

-Ministerio de Sanidade.

-Consellería de Sanidade.

-Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

-Organismos oficiais estatísticos.

-Outros organismos sanitarios.

-Universidades, centros de investigación e investigadores.

-Provedores de material de próteses ou implantes.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade, Servicio Galego de Saúde.

h) Servicios ou unidades novos ante os que poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

-A Coruña.

Dirección Provincial da Coruña.

-Lugo.

Dirección Provincial de Lugo.

-Ourense.

Dirección Provincial de Ourense.

-Pontevedra.

Dirección Provincial de Pontevedra.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: alto.

3. Oposicións, concursos e contratación temporal de persoal.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Confección de listas para a contratación de persoal e publicación destas.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que solicitan acceso a procedementos de selección de persoal.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

Transmisión electrónica de datos/Internet.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº SS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo e teléfono.

-Datos de características persoais: data/lugar de nacemento e características físicas e antropométricas (grao de minusvalidez).

-Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, historial de estudiante e experiencia profesional.

-Datos de detalles do emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao e historial do traballador.

f) Cesións previstas.

-Consellería de Sanidade.

-Órganos sindicais.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade, Servicio Galego de Saúde e direccións provinciais do Sergas.

h) Servicio ou unidade ante o que poderan exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados (para o Sergas).

A Coruña.

-Secretaría Xeral do Sergas.

-Dirección Provincial da Coruña.

Lugo.

-Dirección Provincial de Lugo.

Ourense.

-Dirección Provincial de Ourense.

Pontevedra.

-Dirección Provincial de Pontevedra.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: alto.

3. Xestión de persoal.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Xestión de persoal, contratacións, baixas, xubilacións, conceptos, retribucións, control de absentismo, estatísticas de persoal, elaboración da nómina e todo o relacionado coa xestión de persoal dun centro.

Utilización como ferramenta na confección de estatísticas.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas con vinculación laboral ou profesional co centro.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos relativos a afiliación sindical (recadados con consentimento expreso e por escrito dos afectados).

-Datos relativos a saúde.

-Datos relativos a infraccións administrativas.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº SS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono e nº de rexistro persoal.

-Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data/lugar de nacemento, sexo e nacionalidade.

-Datos de circunstancias sociais: situación militar e licencias/permisos/autorizacións.

-Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional e pertinencia a asociacións profesionais.

-Datos de detalles do emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina e historial do traballador.

-Datos económico-financeiros: ingresos/rendas, créditos/préstamos/avais, datos bancarios, datos económicos de nómina, seguros e datos de deduccións impositivas/impostos.

f) Cesións previstas.

-Ministerio de Economía e Facenda.

-Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

-Organismos oficiais estatísticos.

-Consellería de Sanidade.

-Consellería de Presidencia.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade, Servicio Galego de Saúde e delegacións provinciais de Sanidade.

h) Servicio ou unidade ante os que poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

-A Coruña.

Secretaría Xeral do Sergas.

Delegación Provincial da Coruña.

-Lugo.

Delegación Provincial de Lugo.

-Ourense.

Delegación Provincial de Ourense.

-Pontevedra.

Delegación Provincial de Pontevedra.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: alto.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL