Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

CONTRATACIÓN por concurso aberto da obra: centro socio-cultural, xuvenil e terceira idade; e escola de música municipal, 1ª fase.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Meira.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: centro socio-cultural, xuvenil e terceira idade e escola de música municipal, 1ª fase.

b) Lugar de execución: Vila de Meira.

c) Prazo de execución: anualidade 2003: antes do 15 de novembro; anualidade 2004: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 120.200 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2.404 euros. Estando exentos os licitadores con clasificación empresarial.

Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Meira. Secretaría.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: Meira, 27240.

d) Teléfono: 982 33 01 02.

e) Fax: 982 33 01 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos de administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado personalidade xurídica e xustificantes, conterá a documentación á que se refiere o prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

Sobre B, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo I do prego.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Meira. Secretaría.

2ª Domicilio: praza do Concello, s/n.

3ª Localidade e código postal: Meira, 27240.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (melloras de calidade) como cuantitativas (novas ud. de obra).

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: salón de sesións da casa do concello de Meira.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade: Meira.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, agás que sexa sábado que se trasladará ó luns.

e) Hora: ás 17.00 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Meira, 3 de outubro de 2003.

Rosendo Folgueira Valle

Alcalde