Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/53-2, 6059 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. a C.T. Capella.

Situación: Foz.

Descricións técnicas: L.M.T. con orixe nun apoio proxectado da liña existente L.M.T. a C.T.I. Carmen e final en C.T.I. Capela proxectado, lonxitude 10 m e conductor LA-56.

C.T. de tipo intemperie sobre torre metálica tipo C-2000/12, relación de transformación 20.000/380-220 V. Potencia 160 kVA.

R.B.T. comprende o conexionado co C.T. coa actual rede de B.T. Este enlace realízase con conductor R.V. 95 en canalización soterrada baixo tubo de diámetro 140 m cunha lonxitude de 62 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 12 de setembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo