Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Obra: nº 325/POL 2003 Monterroso-Sanmto. depuración augas residuais en Casas de Gai e Aldea de Abaixo (Vilamaior).

Orzamento contrata: 72.121,45 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación esixida: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Obra: nº 326/POL 2003 Palas de Rei-Snmto. Absto. e depuración en Meixide e San Xulián.

Orzamento contrata: 132.222,67 euros.

Prazo execución: 6 meses.

Clasificación esixida: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Obra: nº 328/POL 2003 A Pontenova-Sanmto de Stº Estevo e Foxas.

Orzamento contrata: 153.944,39 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación esixida: grupo e, subgrupo 1, categoría d).

Obra: nº 165/POS 2003 Vilalba-CP Vilalba a Balsa-Chavín alargamento e mellora/P.K. 13,4 a 13,9.

Orzamento contrata: 60.120 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación esixida: grupo G, subgrupo 6, categoría c).

Características.

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procecemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o importe de adxudicación.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se indica no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeal de 10.00 a 14.00 horas.

1. Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

2. Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábado.

e) Hora: ás 12.00 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 3 de outubro de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo