Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de réxime de v.p.o. E.S. OU-04/2003 e E.S. OU-07/2003, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os interesados poderán presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 30 de setembro de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente E.S. OU-04/2003.

Responsable: Isabel Juste Gulín.

Enderezo: r/ La Cuenga, nº 18-2º D, 32400 Ribadavia.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial, de promoción pública da que é titular a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (art. 5º c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 2.000 euros.

-Expediente E.S. OU-07/2003.

Responsable: José Hinojo Fernández.

Enderezo: r/ Pablo Iglesias, nº 20-10º C, 32300 Ourense.

Feitos imputados: realización de obras en local anexo á v.p.o. da que é titular sen autorización da Administración e a esixencia de reposición ó seu estado orixinario.

Infracción: grave (art. 5º e da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 601,02 euros.