Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 1 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de recoñecemento de dominio dunha parcela de descoñecidos, relativo ás bases definitivas da zona de Val-Meirás-Lago (Narón-Valdoviño), (A Coruña).

Por esta cédula, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e o seu último domicilio coñecido que figura no anexo, a resolución de modificación referente ás bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Val-Meirás-Lago (Narón-Valdoviño), (A Coruña).

A Coruña, 1 de setembro de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado Provincial da Coruña

ANEXO

Destinatario: José Francisco Gómez Bellón.

Domicilio: Borreiros, nº 7, Castro-Narón. A Coruña.

Texto: como consecuencia da solicitude de recoñecemento de predios asignados a descoñecidos presentada por José Francisco Gómez Bellón, referente ás bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Val-Meirás-Lago (Narón-Valdoviño), (A Coruña), poño no seu coñecemento que se dictou resolución de modificación que abaixo se cita e que o afecta a vostede.

Resolución de 13 de xuño de 2003, dictada polo director xeral de Infraestructuras Agrarias da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no senso de:

«1. Modifica-las bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Val-Meirás-Lago (Narón-Valdoviño), (A Coruña), nos seguintes termos:

...

1.2. Recoñecer a favor de José Francisco Gómez Bellón, propietario número 806, a parcela número 28 do polígono 13, cunha superficie de 1.235 m de L-1 e con carácter ganancial, causando baixa no boletín de descoñecidos...».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO