Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.721

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de setembro de 2003 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da comisión de goberno deste consello do 25 de setembro de 2003, polo que se convoca proceso selectivo para a provisión pola quenda de promoción interna de sete prazas vacantes no cadro de persoal laboral do Consello de Contas de Galicia.

Advertido erro na publicación da devandita resolución, publicada no DOG nº 194, do 7 de outubro de 2003, procede face-la seguinte corrección:

-Na páxina 12.474, do DOG nº 194, na base 3.1.b), onde di: «... tipo C2 (equivalente ó novo carné C e C+E)», debe dicir: «... tipo C2 (equivalente ó novo carné C e C+E) ou tipo BTP».