Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.719

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e sen fan públicas as relacións de admitidos e excluídos nos procesos selectivos para o ingreso nas categorías 011, 019 e 040 do grupo I de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

De conformidade co disposto na base I.4.1 e I.4.2 da Orde do 6 de agosto de 2003, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 164, do 26 de agosto), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-la lista de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso nas categorías 011, 019 e 040 correspondentes ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

Segundo.-A relación de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos que, para cada categoría se recollen na base I.2 da devandita orde de convocatoria, e todo iso en relación coa base V desta.

Para solicitar información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, en horario de 9.00 a 19.00 horas de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas os sábados.

Terceiro.-Publica-la relación de excluídos nas distintas categorías, con referencia á/s causa/s de exclusión, figurando tal relación como anexo I á esta resolución.

De conformidade co disposto na base I.4.2 os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emendar, se é o caso, o/s defecto/s que motivaron a súa exclusión.

Os aspirantes que non figuren nin admitidos nin excluídos disporán do mesmo prazo para realiza-la a correspondente reclamación.

Cuarto.-Os aspirantes excluídos pola quenda de promoción interna que non emenden a/s causa/s de exclusión incluiranse, se reúnen os requisitos, na quenda de acceso libre, agás que manifesten o contrario no prazo a que se refire o punto terceiro desta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Grupo I-Categoría 011 (titulado/a superior pedagogo/a)

Promoción interna

DNI: 52472650-J.

Primeiro apelido: Silva.

Segundo apelido: Andijar.

Nome: Mª Dolores.

Causa exclusión: 53.

Causas de exclusión:

10: instancia fóra de prazo.

11: non posúe a nacionalidade esixida.

12: non declara que posúe a titulación esixida.

13: solicitude sen asinar.

14: non reúne o requisito da titulación.

15: documentación sen cotexar.

16: falta certificado de compatibilidade das funcións.

17: non ten o tempo esixido na convocatoria.

18: non é persoal laboral fixo.

19: non presenta modelo oficial de solicitude.

20: taxas non aboadas.

21: importe taxas ingresadas inferior ó estipulado.

22: taxas aboadas fóra de prazo.

30: menos de dous anos grupo inmediatamente inferior.

31: opta a quenda de discapacitados sen o 33% de discapacidade.

32: non opta por ningún idioma comunitario, non opta por ningunha materia (grupo A).

33: instancia sen asinar.

34: instancia non orixinal.

40: presentarse ó grupo por promoción interna e acceso libre á vez.

41: menos de dous anos de antigüidade no corpo de orixe.

42: non indica a forma de acceso (p. interna/a. libre).

49: certif. minusval. non presentado/mal cotexo.

50: instancia incorrecta (emendas, riscaduras...).

51: instancia incorrecta (falta sinatura).

52: non ter ou acredita-la nacionalidade española.

53: falta o DNI ou DNI incorrecto.

54: non ter cumpridos os 18 anos.

55: non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación.

56: non pertencer o corpo escala correspondente, non presenta-lo anexo III.

57: certificado de discapacidade non presentado ou mal cotexado.