Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión realizada o día 22 de setembro de 2003, adoptou o acordo número 24343 polo que se desestima a reclamación presentada por Carmen Esperón Sertal en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Mancomunidade da parroquia de San Salvador e se aproba definitivamente o proxecto de apertura e urbanización de rúa nova-polígono 16), presentado por Conprocaeira, S.L. e asinado polo arquitecto Miguel López Álvarez e visado o día 4 de febreiro de 2003, así como as correccións do mesmo redactadas polo mesmo arquitecto e visado o 18 de marzo de 2003.

Contra este acordo pódese interpoñer directamente no prazo dun mes, desde a publicación deste anuncio, o recurso de reposición ante esta alcaldía, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 52.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. O dito recurso deberá resolverse no prazo dun mes desde a notificación do recurso de reposición e pasado este mes enténdese desestimado, e contra a desestimación por silencio, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, de conformidade cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e se o recurso de reposición se resolve expresamente, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo será de dous meses conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, ante o mesmo xulgado.

Poio, 29 de setembro de 2003.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde