Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. Oirán-Fazouro (tramo Sta. Cecilia).
Situación: Foz.
Descricións técnicas:
-L.M.T.A. a 20 kV con 418 m de lonxitude, conductor tipo LA-110, con orixe en P-99 da L.M.T. existente e final en P-4 da proxectada.
-L.M.T.A. a 20 kV con 114 m de lonxitude, conductor tipo LA-56, con orixe en P-3 da L.M.T. proxectada Oirán-Fazouro e final en P-2 da L.M.T. a Vilacizal.
-L.M.T.A. a 20 kV con 87 m de lonxitude, conductor tipo LA-56, con orixe en P-4 da L.M.T. proxectada Oirán-Fazouro e final en C.T. Sta. Cecilia.
-C.T. de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 1 de setembro de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo