Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.578

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2003 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible de diferentes programas de axudas para resolucións que se dicten no ano 2003 con cargo ós anos 2004 e 2005.

As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolucións da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), para os programas de Continuidade e mellora competitiva da PEME galega e Emprendedores prevé o establecemento de compromisos plurianuais dentro dos límites autorizados.

Con data 27 de decembro o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, publicados mediante Lei 6/2002 (DOG nº 251, do 30 de decembro de 2002). Por outra parte, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 20 de marzo de 2003 autorizou os límites de plurianualidades do Instituto Galego de Promoción Económica.

Analizadas as necesidades de fondos con cargo a exercicios futuros para dar resposta ós proxectos faise necesario amplia-lo límite de crédito reservado para o financiamento de diferentes programas de axudas.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer público, de acordo cos importes que se relacionan a continuación, a ampliación do límite de crédito dispoñible de diferentes programas de axuda para resolucións que se dicten no ano 2003 con cargo ós anos 2004 e 2005, os cales quedan cos límites seguintes:

Partida

orzamentaria

Finalidade

Límite

dispoñible

2004 A

Límite

dispoñible

2005 A

02.02/11/01/01Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico. Subvención a fondo perdido.787.500243.750

02.02/11/03/01Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos Plan PEME. Subvención a fondo perdido.1.750.000

02.02/12/01/01Programa de emprendedores. Proxectos promovidos por novos emprendedores. Subvención a fondo perdido.2.498.4053.398.405

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica