Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I, II e III, correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2003 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 6 -procedemento- das condicións xerais do acordo da Comisión Paritaria de Acción Social respecto dos criterios de reparto deste fondo para o exercicio 2003 entre o persoal ó servicio da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma, ó que se lle deu publicidade por medio da Resolución do 7 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia número 104, do 30 de maio; esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, correspondentes ós programas I, II e III: axuda para fillos e para

estudios dos fillos, axuda para estudios de funcionarios e axuda para minusválidos. As devanditas listas están expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos e do Servicio de Xerencia.

Segundo.-Os solicitantes destes programas poderán presentar un escrito e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no devandito punto 6 do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 2003. A presentación da documentación cómpre facela nos rexistros xerais dos órganos administrativos establecidos no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, e dirixilos ó director xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local (praza de Europa, 5 A, 4º, Polígono das Fontiñas, 15781, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza