Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.548

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ARRENDAMENTO de equipamento informático.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. está interesado na contratación do arrendamento de diverso equipamento informático.

Nº expediente: CTRL/007/03.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa 5A-6º B Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, nos vinte días naturais contados a partir do día seguinte da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións xurídicas e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Tfno.: 981 57 76 50.

A documentación pode ser consultada na páxina web do Sergas (http://www.sergas.es).

Apertura de sobres: a apertura pública será a partir das 11.00 horas do décimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día seguinte hábil.

O anuncio do concurso será por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2003.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN

DE EXCELENCIA TURÍSTICA

CONCELLOS DO GROVE

E SANXENXO