A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, unha vez realizados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.
c) Número de expediente: 44/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de bolsas e frascos.
b) Número de unidades a entregar: ver pregos.
c) División por lotes e número: ver pregos.
d) Lugar de entrega: almacén de subministracións.
e) Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo servicio de subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base da licitación. Importe total: 512.354,66 euros (cincocentos doce mil trescentos cincuenta e catro euros con sesenta e seis céntimos) IVE incluído.
5. Garantía provisional: ver pregos.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Servicio de Contratación Administrativa.
b) Enderezo: A Choupana, s/n.
c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 95 02 60.
e) Telefax: 981 95 09 85.
f) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de proposicións, 24 de outubro de 2003.
7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 36 días a partir do envío do anuncio. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte, 24 de outubro de 2003.
b) Documentación que hai que presentar: ver pregos.
c) Lugar de presentación.
1º Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
2º Enderezo: A Choupana, s/n.
3º Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses, desde a data da apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
f) Se é o caso, número previsto (ou números máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido).
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
b) Enderezo: A Choupana, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das ofertas terá lugar o primeiro día hábil seguinte, 4 de novembro de 2003.
e) Hora: 10.00 horas.
10. Outras informacións.
11. Gastos dos anuncios: ver pregos.
12. Data de envío do anuncio ó DOCE (se é o caso): 18 de setembro de 2003.
13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: http://www.sergas.es.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2003.
Javier Jiménez Ferreres
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago de Compostela