Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 29 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios de substitución na zona de Vilaboa (A Pontenova-Lugo).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Vilaboa (A Pontenova-Lugo) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento das persoas titulares das explotacións, nin representando os que reclaman máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias resolveu prorrogar ata o 30 de marzo de 2004 a toma de posesión provisional dos novos predios, sendo obrigatoria para tódalas persoas interesadas e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia). No caso de que algún/ha pro

pietario/a non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, as persoas interesadas poderán reclamar, ante esta delegación, sita na Ronda da Muralla nº 70 de Lugo, xunto co dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días, contados desde o 1 de abril de 2004.

Así mesmo, comunícase que a posesión dos predios de substitución outórgalles ás persoas que no acordo de concentración figuren como adxudicatarias, os medios de defensa establecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre a persoa achegante e a adxudicataria. No caso contrario, poderán ser retiradas polos/as propietarios/as das parcelas de contribución antes do 30 de marzo de 2004, logo da petición ó Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Trascorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ó/a propietario/a do novo predio.

Lugo, 29 de agosto de 2003.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo