Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle concede ó centro de formación ocupacional A Ran do Concello de Cuntis a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de productos petrolíferos líquidos (PPL) para a categoría IP-I e IP-II.

Examinado o escrito presentado por Eduardo Rey Rodríguez, en representación do centro de formación

ocupacional A Ran do Concello de Cuntis, con CIF P-3601500-F e domicilio na praza da Constitución, nº 4 de Cuntis (Pontevedra), no que se solicita a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de productos petrolíferos líquidos (PPL) para a categoría IP-I e IP-II.

Feitos.

Primeiro.-Con data do 3 de xullo de 2003, Eduardo Rey Rodríguez, en representación do centro de formación ocupacional A Ran do Concello de Cuntis,

presentou un escrito polo que solicita, ó abeiro da Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, que lle fose concedida a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados. Para tal efecto achegaba a documentación esixida no artigo trece da citada orde.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo, e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro, e 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, con relación á Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, e demais lexislación concordante.

Segundo.-A documentación presentada por Eduardo Rey Rodríguez acredita que o centro de formación ocupacional A Ran do Concello de Cuntis cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgarlle ó centro de formación ocupacional A Ran do Concello de Cuntis a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de productos petrolíferos líquidos (PPL) para a categoría IP-I e IP-II, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde do 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos deberáselles comunicar ás delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, antes do inicio destes, o programa, profesorado, listaxes de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberá ser renovada ós dous anos, para o que se deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que se poidan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da autorización, así como a presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Esta autorización poderá ser revogada, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de industria, no caso de que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000.

Notifíqueselle esta resolución ó interesado facendo constar que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó de notificación, ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas