Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan notificacións de posta de manifesto de actuacións de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Casimiro Cendón Gómez e outro).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse notificacións de posta de manifesto de actuacións de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Edificaciones Galicia S.A.

CIF: A-36613917.

Responsable subsidiario: Casimiro Cendón Gómez.

NIF: 36035824-E.

Importe: 1.340,57 euros.

Zona de recadación: Vigo.

Suxeito pasivo: Carratex, S.L.

CIF: B-36693638.

Responsable subsidiario: Eugenio Carrera Justo.

NIF: 36035215-B.

Importe: 552,04 euros.

Zona de recadación: Vigo.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA