Advertido un erro na referida orde, publicada no DOG nº 162, do 22 de agosto de 2003, procede face-la seguinte corrección:
Na páxina 10.812, onde di: «DISPÓN: Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de mestres os aspirantes que se relacionan no anexo I da Orde do 4 de agosto de 2003, pola que se fai pública a lista dos opositores seleccionados...», debe dicir: «... nomear funcionarios en prácticas do corpo de mestres os aspirantes seleccionados no anexo I da Orde do 4 de agosto de 2003, agás a Belén Díaz Rodríguez, da especialidade de idioma estranxeiro-inglés, por ter concedido o aprazamento da fase de prácticas.