Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/192-2, 5967 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade Viveiro, 4, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. Río Grande e enlace R.B.T. en Cubelas.

Situación: Ribadeo.

Características técnicas: L.M.T.A. a 20 kV, conductor tipo LA-56, con orixe en L.M.T. a C.T. S. Vicente e final en C.T.I. Río Grande, con lonxitude de 92 m. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformción de 20.000/380-220 V. L.B.T.A. de 100 m de lonxitude, conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 21 de agosto de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo