Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións correspondentes ós expedientes que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación dos seguintes contratos:

I. Expediente: SX 3/2003.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: asesoramento na planificación, xestión e explotación de tódolos procesos informáticos que se realizan como soporte do sistema educativo, así como a realización de estudios estatísticos derivados da explotación dos sistemas de información correspondentes.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 95, do 19 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 134.760 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 26 de xuño de 2003.

b) Contratista: G 64 Comunicación, S.L.

c) Importe de adxudicación: 134.759 A.

II. Expediente: SX 4/2003.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación do soporte lóxico, xestión de incidencias, configuración e resolución de calquera eventualidade que xurda en relación co funcionamento da aplicación informática XADE-centros.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 95, do 19 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 50.000 A.

a) Data: 26 de xuño de 2003.

b) Contratista: Informática El Corte Inglés, S.A.

c) Importe de adxudicación: 48.950 A.

III. Expediente: SX 5/2003.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación do soporte, configuración e control dos sistemas hardware e software de base das redes de área local da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 94, do 16 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 119.200 A.

a) Data: 27 de xuño de 2003.

b) Contratista: Gabinete Asesor de Informática, S.L.

c) Importe de adxudicación: 119.190 A.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2003.

Néstor Valcárcel Teijeiro

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria