Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.428

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN erros.-Orde do 23 de setembro de 2003 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 191, do 2 de outubro de 2003, é necesario efectua-las seguintes correccións:

No posto nº 102, código EMC020000015770012, no lugar correspondente ás observacións, debe suprimirse: «xornada de tarde».

No posto nº 103, código EMC020000015770013, no lugar correspondente ás observacións debe engadirse: «xornada de tarde».

Nos postos nº 189, código PRP110000015770014 e nº 190, código PRP110000015770017, onde di: «Consellería Innovación, Industria e Comercio, centro de destino, D.X. Investigación e Desenvolvemento», debe dicir: «Consellería, Familia, centro de destino, D.X. Voluntariado».

Así mesmo, deben suprimirse os postos «nº 255, código PRC991000027001064», e «nº 258, código PRC991000027001069», e debe engadirse o posto «nº 315, código MAA010000315770013, denominación Auxiliar Administrativo, nivel 12, Concello Santiago de Compostela, Consellería Medio Ambiente, centro de destino S.X. de Réxime Económico-Financieiro».