Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.417

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de setembro de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

O cometido que comporta o desempeño do posto de xefe de departamento de Persoal e Xestión Económico-Administrativa existente na actual relación de postos de traballo do IGAEM está relacionado, en gran parte, coa xestión de cuestións xurídicas, polo que se fai necesario a modificación do requisito de titulación académica esixida, engadindo a titulación de licenciatura en dereito.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintecinco de setembro de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do IGAEM da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintecinco de setembro de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo do IGAEM da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

Persoal laboral

Na vixente relación de postos de traballo da Consellería de Cultura Comunicación Social e Turismo, no «INSTITUTO GALEGO DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS (IGAEM)», publicada no DOG nº 104, do 30-5-2001,

na páxina 7.207, o posto «CU.A01.00.000.15770.017.-XEFE DEPARTAMENTO PERSOAL E XESTIÓN ECON./ADMTVA.», na columna Titulación académica engádese o código «2062» (licenciado en dereito).