Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

EDICTO do 18 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se lles require documentación ós solicitantes de pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño), e no artigo 21 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírense

os citados no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña (Concepción Arenal 7-9), para ter coñecemento do trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non achegasen a documentación requirida, en virtude do establecido nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, teranse por desistidos da correspondente solicitude de pensión non contributiva e procederase ó arquivo do expediente.

A Coruña, 18 de agosto de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

SOLICITANTEDNINº EXPTE.CONCELLO

CASTRO LEMA, JOAQUINA32247692528-X-03A CORUÑA

COBAS ROZAS, LEONOR33024864586-X-03TEO

COSTOYA PASÍN, Mª TERESA33219264668-I-03NEGREIRA

COUSO PARADELA, MARINA A32424048620-I-03A CORUÑA

FERREIRO GORGAL, SERVINA33281778770-X-03SANTIAGO DE COMPOSTELA

JIMÉNEZ BARRUL, JOSEFA32411877418-I-03A CORUÑA

REY VÁZQUEZ, FRANCISCO32238507612-X-03CARBALLO