Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.369

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 361/2003, do 2 de outubro, polo que se dispón que cese Jorge Suanzes Hernández como delegado provincial da Coruña.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º, 34.2º e 22 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de outubro de dous mil tres,

DISPOÑO:

O cesamento de Jorge Suanzes Hernández como delegado provincial da Consellería de Sanidade na Coruña, por pase a outro destino.

Santiago de Compostela, dous de outubro de dous mil tres.

P.E.

José Antonio Orza Fernández

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade