Polo Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 30 de xuño de 2003, acordouse aprobar definitivamente e a remisión da documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á consellería, do estudio de detalle na rúa das Antonas nº 10, en Serantes.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou Sala do Contenciso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes.
Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.
Oleiros, 25 de agosto de 2003.
Ángel García Seoane
Alcalde-presidente