Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2003 Páx. 12.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos, polo procedemento aberto, para a subministración de publicacións periódicas do ano 2004 para a biblioteca do C.H.U. Juan Canalejo e adquisición de electrónica de comunicacións (Plan de Necesidades 2003) Ref. C. 202 e 211/2003 e concursos de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto, para a subministración de lentes e viscolásticos; apósitos antiescaras; esparadrapos, colariños e outros; productos cárnicos (porco e derivados) e productos cárnicos (tenreira) Ref. C. 12, 27, 29, 219 e 222/2003 respectivamente.

O director-xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de

marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

* Nº referencia de expediente: C. 202/2003.

Obxecto: subministración de publicacións periódicas do ano 2004 para a biblioteca do C.H.U. Juan Canalejo.

Orzamento total: 244.338,23 A.

Garantía provisional: 4.886,76 A.

* Nº referencia de expediente: C. 211/2003.

Obxecto: adquisición de electrónica de comunicacións.

Orzamento total: 166.000,00 A.

Garantía provisional: 3.320,00 A.

* Nº referencia de expediente: C. 12/2003.

Obxecto: subministración de lentes e viscolásticos.

Orzamento total: 228.361,60 A.

Garantía provisional: 4.567,23 A.

* Nº referencia de expediente: C. 27/2003.

Obxecto: subministración de apósitos antiescaras.

Orzamento total: 252.763,20 A.

Garantía provisional: 5.055,26 A.

* Nº referencia de expediente: C. 29/2003.

Obxecto: subministración de esparadrapos, colariños e outros.

Orzamento total: 227.377,00 A.

Garantía provisional: 4.547,54 A.

* Nº referencia de expediente: C. 219/2003.

Obxecto: subministración de productos cárnicos (porco e derivados).

Orzamento total: 132.163,00 A.

Garantía provisional: 2.643,26 A.

* Nº referencia de expediente: C. 222/2003.

Obxecto: subministración de productos cárnicos (tenreira).

Orzamento total: 229.976,00 A.

Garantía provisional: 4.599,52 A.

I. Forma de adxudicación: concursos, polo procedemento aberto, de subministracións (C. 202 e 211/2003) e subministracións sucesivas (C. 12, 27, 29, 219 e 222/2003).

II. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Admisión de variantes: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario (planta semisoto do edificio do Hotel de Doentes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Universitario (planta soto do Hotel de Doentes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

A Coruña, 22 de setembro de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña