Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.324

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE EXCELENCIA TURÍSTICA CONCELLOS DO GROVE E SANXENXO

ANUNCIO para a contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

Padroado para o Desenvolvemento do Plan de Excelencia Turística do Grove e Sanxenxo. Mancomunidade do Salnés.

2. Obxecto do contrato.

Denominación do proxecto: creación dun mirador turístico no Con da Edra do Grove. Expediente 2017.

Prazo de execución: as obras deberán estar rematadas antes do 15 de decembro de 2003. Acción enmarcada no Plan de Excelencia Turística correspondente á anualidade de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: urxente.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 102.935,93 euros.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do prezo de licitación do contrato.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Padroado para o Desenvolvemento do Plan de Excelencia Turística do Grove-Sanxenxo.

Domicilio: avda. Vilar, 1-baixo, Vilalonga-Sanxenxo (Pontevedra). CP 36990.

Teléfono: 986 74 49 09.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación de empresa: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 13.30 horas. No caso de que coincida sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: Rexistro do Padroado no domicilio anterior.

Modelo de proposicións: ver o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas.

Lugar: Oficina do Padroado no domicilio anterior.

Data e hora: o día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas, ás 17.00 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos.

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Vilalonga, 16 de setembro de 2003.

Miguel Ángel Pérez García

Presidente do Padroado para o Desenvolvemento

do Plan de Excelencia Turística do Grove

e Sanxenxo