Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, El Troncal, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.D. deriv. Frigalsa-Padín, r/ Párroco D. Serafín.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 3x125 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.D. proxectado denominada deriv. Frigalsa-Padín ata o empalme que se vai rea
lizar coas LL.MM.TT. subterráneas existentes ós CC.TT. Frigalsa, Riouxa e catro pontes. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 125 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.D. proxectado ata o apoio existente tipo C-2000/14 desde onde continúa a L.M.T. aérea ó C.T. Padín. Centro de distribución con catro celdas de liña CML-SF6. A instalación está situada na rúa párroco Don Serefín, no concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 8 de agosto de 2003.
P.A. (Resolución do conselleiro do 22-7-2002)
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra