Por este edicto faise saber que en providencia dictada no día de hoxe, por esta Sección Segunda, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José María Moreda Allegue, en nome e representación de Adelina González Bertólez, Francisca González Bertólez, Dorinda Dopazo García contra Orde do 29-4-2003 da CPTOPV pola que se outorga aprobación definitiva ó Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ourense.
Recurso número: procedemento ordinario 0004761/2003.
A publicación deste anuncio serviralles de emprazamento ás persoas que non séndoo persoalmente, teñan o dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixeran con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.
A Coruña, trinta e un de xullo de dous mil tres.
Inmaculada Pérez Arrojo
Secretaria